CHÓVEME NA CABEZA

Ansío perdido, non xogo co que vivo

envido cativo por un causal activo

experto espido, espanto dun fuxido

Sei que o fas ti mellor, si, que o fas ti mellor

Pero atendo ao momento e comprendo 

que facer o camiño é facelo facendo

Collo os cornos do touro que pasa

miro ao frente coa cabeza alta

caio ao río que me arrastra

non hai medo da marea alta

Collo os cornos do touro que pasa

miro ao frente coa cabeza alta

caio ao río que me arrastra

xa perdín e aprendín, xa me basta

Tranquilo, confío, aos meus instintos miro

persigo lixeiro a luz de ese estaleiro

Non o puiden ver, estiven toda a noite en vela

en busca dela e non sei, chóveme outra vez

na cabeza

E me desquita, e me desata, 

me pon nas nubes con tremenda mulata

e me dá golpes e me desangra

me pon bailando unha tremenda bachata

E todo porque me dixeches que baixara

e todo porque me dixeches que o gozara

non me arrepinto do que fixen no pasado

fíxeno o mellor que puiden o papel xa está mollado

Non o puiden ver, estiven toda a noite en vela

en busca dela e non sei, chóveme outra vez

uh

Collo os cornos do touro que pasa

miro ao frente coa cabeza alta

caio ao río que me arrastra

non hai medo da marea alta

Collo os cornos do touro que pasa

miro ao frente coa cabeza alta

caio ao río que me arrastra

xa perdín e aprendín, xa me basta.

 

ANTES QUE XULGAR

O noso amor foi azul, escapou de esa prisión, 

o noso norte foi negro por non saber a donde ir. 

Imaxina que eres ti, imaxínate así, 

o noso norte foi negro por non saber a donde ir… 

Enriba miña xa non souben como parar, 

non o esperaba, non estaba nos meus plans

Enriba miña xa non souben como parar, 

non o esperaba, non o esperabas

A razón pola que fun a ti non che convén saber, 

non quixeches nin falar, seica foi por protexerme a min.

Cheguei alí e non articulei, temblábanme as mans, suor na miña pel

Enriba miña xa non souben como parar, 

non o esperaba, non estaba nos meus plans

Enriba miña xa non souben como parar, 

non o esperaba, non o esperabas

(Nananana) Enriba miña

Teño pensados novos conceptos 

de flores que plantei a tempo, 

de formas de estar no momento, 

de cores e novos retos

Desfruto o momento de comezar, 

algún pesadelo volve a asexar

Comezo de novo volvo a xogar, 

prefiro querer antes que xulgar

Teño pensados novos conceptos 

de flores que plantei a tempo, 

de formas de estar no momento, 

de cores e novos retos

Desfruto o momento de comezar, 

algún pesadelo volve a asexar

Comezo de novo volvo a xogar, 

prefiro querer antes que xulgar

Non o esperabas…

 

POR CHEGAR

Con un barco de papel

viaxo polos mundos que

fixen desaparecer

pero volven sen palabras

Volvo a reaparecer,

fago todo por crecer,

vexo a lúa esmorecer

pero atopo a calma

Queda aquí

que a primavera xa está por chegar

de min, de min

Come with me

que os atros xa se volven a alinear

por fin, por fin

Mudo as cousas de lugar

mudo o ego por amar

falo o que quero expresar pero fico sen palabras

Volvo a recapacitar,

fago todo por estar,

sei que todo chegará,

só preciso calma

Queda aquí

que a primavera xa está por chegar

de min, de min

Come with me

que os atros xa se volven a alinear

por fin, por fin

Vou navegando libre como o vento

ben atento, sen lamentos

aprendendo do que teño feito

indagando dentro do meu peito

Non sei o camiño e se vou a chegar

prefiro non ver para atrás, prefiro non ver para atrás

Queda aquí

que a primavera xa está por chegar

de min, de min

Come with me

que os atros xa se volven a alinear

por fin, por fin

E se vemos que nada funciona

cambiaremos as tornas

brindaremos polo que nos honra

barreremos aquilo que sobra

 

SOÑEI

Imaxinei a terra mollada

e as raíces mesturadas coas pedras, coas noites longas,

cos días grises de choiva…

E o murmurio da tua xente 

que acompaña coas palabras dun cantar

E o silenzo que bailaba cos meus beizos non tería nin fogar

E o murmurio da tua xente 

que acompaña coas palabras dun cantar

E o silenzo que bailaba cos meus beizos non tería nin fogar

Tamén soñei cos que te cuspen.

cos que te humillan, cos que te negan

Cos que nos soños son pesadelo,

a eses que os leve o vento…

 

Scroll to Top
Corpo Nu
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.